Padrodado Fogar de Bergantiños

O Padroado

Historia do Padroado

Imaxe 1

Nacen estes premios pola iniciativa da Revista carballesa Mensaxe de Bergantiños no ano 1978, cando a redacción da mesma acordou instaurar estes premios para recoñece-las diversas persoas  e entidades que traballasen polo desenvolvemento nos diferentes campos en Carballo, Bergantiños, Galicia, España e Internacionalmente. Outorgáronse os primeiros galardóns por un sistema mixto: propostas que podían face-los lectores da revista enviando o cupón que aparecía na mesma para ese fin, onde debían propoñer un personaxe ou entidade en cada unha das categorías; e logo o xurado, que era quen escollía os gañadores. O primeiro xurado estivo formado por D. José García Gondar (Director da Revista Mensaxe), D. José Antonio García Vázquez (Secretario do Consello Parroquial de Carballo), D. Jesús Herranz Rodríguez (Presidente da APA do Instituto de Ensino Medio de Carballo), D. Xesús Antelo Quintáns (Redactor da Revista Mensaxe), D. José Antonio Vence García (Profesor do Colexio Nacional de Carballo) e D. Avelino Abuín de Tembra (mestre no Instituto da Vila) que actuaba como Secretario. Nesta ocasión os galardoados foron máis numerosos por se-la primeira edición. Así foron nomeados Carballés do Ano D. Xabier Teixeira Álvarez Salgado (a título póstumo) pola promoción e defensa dos valores humanos; D.Raúl Añón Vázquez (boxeador e Campión de España) pola entrega ó deporte; o “Centro Cultural Fogar da Xuventude” de Carballo pola promoción da cultura. Como Bergantiñán do Ano: “Cidade dos Múchachos  de Agarimo” de Arteixo, e o promotor e defensor no ámbito social o padre Villa, pola defensa dos máis desfavorecidos; Clubs de fútbol Cances e Bértoa pola promoción do deporte no medio rural; D. Xosé Pumar Gándara (historiador) como promotor dos valores culturais. Como Galego do Ano: D. Domingo García Sabell (Presidente da Real Academia Galega) como defensor e promotor da cultura galega; D. Manuel Torre Iglesias  (persoeiro galego destacado nos medios de comunicación).
 
Nos seus comezos os galardóns contaron con dúas categorías máis: Español do Ano, D. Adolfo Suárez González (Presidente do Goberno Español) como defensor e promotor das liberdades. E como Persoeiro Universal Xoán Paulo II (Papa da Igrexa Católica), pola defensa e promoción dos valores humanos.
 

Bases que rixen a concesión dos galardóns

http://www.padroado.com/web/edicions.php

Evolución no tempo

imaxe 2

1979
Arranca con folgos a segunda edición dos galardóns coa elección de novos persoeiros. Como Carballés D. José García Gondar e D. Manuel Rodríguez Rodríguez (cregos da Parroquia de Carballo), pola promoción social e cultural; como Bergantiñán, a título póstumo a D. Luis Calvo Sanz (fundador da Conserveira Calvo) como promotor industrial da comarca; Galego do Ano, D. Celso Emilio Ferreiro (escritor) como  promotor e defensor da cultura galega; Español: A Súa Maxestade EL Rei Juan Carlos I, como promotor e defensor das liberdades; Persoeiro Internacional, Madre Teresa de Calcuta, pola promoción dos valores humanos.
 
1980
Remata con este ano a primeira etapa destes galardóns baixo a organización de Mensaxe de Bergantiños. Neste ano resultaron galardoados como Carballés, D. Juan José García Gómez (Presidente de Cáritas Parroquial) pola promoción social e humana de Cáritas; Bergantiñán, Coral de Bergantiños de Carballo, como promotora no ámbito musical; Galego do Ano, D. Ramón Rodríguez Sánchez (Catedrático e Doutor en menciña) pola dedicación e investigación.
 
1987
O “Fogar da Xuventude” colle o relevo despois dun impas de sete anos e faise cargo desta segunda etapa. Como primeira medida decídese suprimi-los galardóns de Persoeiro Galego, Español e Internacional, do mesmo xeito que elimínase a designación por xurado e faise popular, convidando a tódolos colectivos culturais, sociais, empresariais, deportivos... a un acto público onde se propoñen os candidatos, e trala votación resultan elixidos os personaxes do Ano. Son nomeados polas entidades, como Carballés D. Fernando Carro Romero (topógrafo sevillano afincado en carballo) como promotor e dinamizador de iniciativas culturais; como Bergantiñán o carballés universal D. Manuel Facal (gravador e recoñecido artista ) como promotor e impulsor da arte.
 
1988
Neste ano decídese outorgar de novo o premio de Galego do Ano ó xurdir propostas polos membros das diferentes entidades, que nesta ocasión recae en D. Alvaro Pino Goudella (ciclista) como promotor do deporte. O galardón de Bergantiñán é para o Bergantiños F.C. de Carballo, pola traxectoria deportiva; e o Carballés recae na persoa de D. Luciano Calvo Pumpido (empresario carballés) pola defensa e apoio do movemento asociativo.
 
1989
Segue crecendo o recoñecemento, e como mostra o Galego deste ano recae no atleta Alexandre Gómez, pola súa traxectoria deportiva; o Bergantiñán é para as Asociacións Cultural e Xuvenil Arume de Berdillo (Carballo) pola promoción e defensa da cultura no medio rural; e como Carballés Dona Genma Paz Bello (mestra) como promotora e dinamizadora deportiva.
 
1990
Os galardoados nesta ocasión son como Galego a Asociación Viguesa “Érguete” de axuda ó drogodependente, pioneiros tamén no movemento contra o narcotráfico, como promotora e defensora dos valores humanos; o Bergantiñán recae na A.D. Xiria pola defensa e promoción do deporte; e o galardón de Carballés foi para unha persoa pintoresca e singular, D. Francisco Astray Labarta, pola súa traxectoria e apoio do movemento cultural.
 
1991
Un novo ano no que se volven premia-las causas sociais, deportivas e culturais. Así o Galego foi a Asociación Carballesa “Aspaber” que se dedica á integración e formación dos diminuídos psíquicos, pola defensa dos valores humanos nas persoas dos máis desprotexidos; o crego párroco de Cores D. Cándido foi proclamado Bergantiñán do Ano, pola defensa do patrimonio e a súa recuperación; e o Carballés recaeu en D. Pablo Gerpe Miñones (diminuído físico), nadador do Club Fogar Natación Carballo, pola súa superación no deporte.
 
1992
Parecen repetirse os méritos dos galardoados como en pasadas edicións. O galardón de Galego do Ano foi parar a D. Arsenio Iglesias (ex-xogador e adestrador de fútbol), pola súa traxectoria deportiva; o Carballés foi para os Bombeiros Voluntarios de Carballo, pola súa disposición e dedicación altruísta; rematando co Carballés para D. Xosé María Arán Rodríguez, como promotor e defensor do movemento asociativo, social e cultural.
 
1993
Nesta edición un novo galardón foi concedido a título póstumo: o de Galego para o benquerido D. Carlos Díaz “O Xestal” (humorista e folclorista) pola súa condición humana e artística; Bergantiñán foi a Asociación Cultural Monte Branco de O Couto-Ponteceso pola promoción e defensa da cultura galega; e finalmente o Carballés recaeu na Congregación de Relixiosas das Fillas da Caridade polo seu compromiso social cos máis necesitados.
 
1994
Decídese neste ano designar a dous Galegos: D. Fernando Castro Santos (adestrador da S.D. Compostela), pola súa promoción do deporte, e Radio Voz pola iniciativa empresarial Galega; Bergantiñán á Asociación de Minusválidos “Ponte Cabana” de Ponteceso e Cabana de Bergantiños pola promoción e defensa dos minusválidos; Carballés do Ano para a Asociación Antidroga Vieiro de Carballo polo traballo nos campos da prevención, tratamento e reinserción dos drogodependentes.

1995
Debido a cambios directivos na Asociación organizadora Fogar da Xuventude, nesta edición non se convocan os galardóns.
 
1996
Novamente convócanse os galardóns e entréganselle nesta ocasión ó escritor D. Manuel Rivas, como Galego do Ano pola promoción e difusión dos libros en galego; Asociación Cultural “Lumieira” de Carballo, como Bergantiñán, pola súa traxectoria na promoción da cultura Galega; e ó tamén escritor D. Xurxo Borrazás, como Carballés, pola promoción e defensa da cultura galega.
 
1997
Entrégase este ano o galardón de Galego por unha faceta pola que ninguén fora premiado ata esta edición: a do humor gráfico, que recae no debuxante D. Xaquín Marín pola defensa e promoción de Galicia; o Bergantiñán desdóbrase en dúas entidades que prestan servicio á comunidade: “Cruz Vermella” local, pola dedicación e auxilio prestado cos seus servicios, e “Plataforma pola Autovía Gratuita” pola defensa dos intereses colectivos; o galardón de Carballés é entregado ó historiador Carballés D. Xan Fraga Rodríguez, pola promoción e recuperación da memoria local.
 
1998
O deporte volve asomar nesta edición e o galardón de Galego vai para Dona Xulia Vaquero, atleta viguesa, pola superación e sacrificio no deporte; o Bergantiñán premia a entrega altruísta ós demais e recae na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo, pola súa entrega ós habitantes da Comarca de Bergantiños en toda clase de actuacións; como Carballés é nomeado D.Constantino Campos Pena (crego de Berdillo-Carballo), como dinamizador e propulsor das iniciativas humanas, culturais e veciñais.
 
1999
O mundo empresarial volve estar presente, e lévase o galardón como Galego do Ano a empresa “Grupo Calvo”, pola súa traxectoria empresarial; como Bergantiñán dúas entidades comparten o galardón: o Coro “Aires de Bergantiños” pola promoción e recuperación do folclore e música tradicional de Galicia, e o Club Carballés “Sysca” de salvamento e socorrismo, na súa categoría humano.
 
  
2000
Chegan novos tempos e decídese  darlle un novo empuxe a elección dos premios, para este mester crease o Padroado Fogar de Bergantiños, para o seu bo funcionamento elíxese o órgano rector que recae nas seguintes persoas, Presidente D.José Luis Calvo Pumpido, Presidente do Grupo Calvo, como representante dunha familia que conseguiu catro galardóns o longo da existencia deste premios. Secretario D.Pedro Luis Fernández Pombo como expresidente  do Fogar da Xuventude e organizador,  Tesoureiro D. José Luis Vila Bermúdez, organizador de varias edicións, Relacións Externas D. Xosé Mª Arán Rodríguez na súa condición  de galardoado  e organizador . Xestión de Recursos D. Manuel Rivas Periscal como actual presidente do Fogar da Xuventude. Gabinete Ofimatico, D. José Mel. Ponte Balboa  e no apartado de Documentación  D. José García Gondar como un dos fundadores e promotor destes galardóns.
Tamén como novidade crease un Consello Asesor, para a preselección de candidatos os premios, que está composto polos representantes dos medios de comunicación  con delegacións na comarca de Bergantiños e por un representante por cada un dos concellos da Comarca. Este primeiro Consello estivo composto no apartado de representantes dos Concellos por  D. Martín Martinez Rioboo, Técnico de cultura do Concello de Cabana de Bergantiños, Dona Belén Mato Pombo como Concelleira de Cultura do Concello de Carballo, D. Fidel Cotelo Varela como Concelleiro do Concello de Coristanco, D. José Ramón Martinez Barbeito como Concelleiro de Cultura do Concello de A Laracha, Dona Xulia Mira Suárez como Concelleira de Cultura do Concello de Laxe, D. Sergio Rodríguez Fernández como Concelleiro de Cultura do Concello de Malpica de Bergantiños e D. Francisco Javier Couto Castro como Técnico Cultural do Concello de Ponteceso.  No apartado de Medios de comunicación formaron parte Dona Carmela Osinde Pena  como Directora de radio Bergantiños Cadena Ser, Dona Isabel López Caamaño como representante de La Opinión de A Coruña e COPE Noroeste, Dona Cristina Abelleira  como representante de La Voz de Galicia – Onda Cero Bergantiños, D. José Ramón  Pardiño Busto como representante de El Correo Gallego, D. Manuel Frojan Rial como representante de El Ideal Gallego e D. Fernando Garcia Pablos como representante de El Periódico de Bergantiños.
Ca creación do Padroado tamén se variou a elección dos propostos para estes galardóns, primeiro fíxose unha preselección por parte do Consello Asesor, as súas propostas foron pasadas as asociación de toda a Comarca as cales incluíron a estas propostas as súas , unha vez recollidas todas procedeuse a súa elección como viña sendo habitual por  votación no acto que se convocou para tal efecto.
O patrocinio desta edición contou ca colaboración  da OBRA SOCIAL DE CAIXA GALICIA.
Foron proclamados nesta edición  como CARBALLÉS DO ANO:  DONA  MARÍA DOLORES PUMPIDO ESPERANTE,a título póstumo, como cofundadora de Conservas calvo, polos seus valores humanos e solidarios, e polo seu papel emprendedor en tempos difíciles para as mulleres.   
Como BERGANTIÑÁN: D. MANUEL TAJES SÁNCHEZ  “O RUBIO DE CAMELLE” polo seu traballo voluntario e altruísta nas labores de rescate de náufragos na Costa da Morte.  E para rematar como GALEGO: compartiron o premio D. ISIDRO PARGA PONDAL, a título póstumo, pola súa labor pioneira, investigadora e docente nos campos da química e xeoloxía, así como pola fundación do laboratorio Xeolóxico de Laxe. E o REAL CLUB DEPORTIVO DE LA CORUÑA, polos éxitos acadados no fútbol, sendo o primeiro equipo galego en consegui-lo Campionato de Liga de Primeira División, e por levar  por todo o mundo o nome de Galicia.
 
2001
Nesta nova edición subliñar que é un novo éxito a participación do movemento asociativo da comarca na elección dos galardoados deste ano.  Tamén novas incorporacións e baixas no Consello Asesor,  déixanos o representante do Concello de Cabana Sr. Martín Rioboo e incorporase no seu lugar a Concelleira de Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños Dona Mari Luz Varela, tamén causa baixa Dona Isabel López Caamaño que representaba a Cadena Noroeste por deixar esta emisora a súa presencia en Carballo.
Na categoría de CARBALLÉS sae elixido  D. MANUEL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ  (Crego)  como promotor de incansables proxectos culturais, musicais, sociais e de recuperación do patrimonio relixioso.  Como BERGANTIÑÁN foi elixido o CENTRO OCUPACIONAL ASPABER, centro sito en carballo, dedicado a atención de disminuidos psíquicos da comarca de Bergantiños, sobre todo na súa faceta ocupacional e na súa integración laboral e social.  Para rematar como GALEGO, foi ex aequo para D. ISAAC DÍAZ PARDO, como defensor e promotor e defensor dos altos valores culturais e pola súa defensa de Galicia.  Compartido nesta ocasión co CENTRO GALLEGO DE BUENOS AIRES,  como recoñecemento o traballo social, humano, cultural e asistencial, así como representación de tódolos galegos emigrados na Arxentina.
Contouse nesta edición co patrocinio de Caixa Galicia e ca asistencia entre outras autoridades do Conselleiro de Emigración Sr. Aurelio Miras Portugal, do Presidente da Deputación Provincial de A Coruña Sr. Torres Colomer, da Delegada Provincial de Sanidade e Alcaldes dos sete Concellos da Comarca.
 
2002
De novo e un ano máis as asociacións e entidades da Comarca de Bergantiños baixo a convocatoria do padroado elixiron os galardoados desta edición.
Este ano cabe resaltar o acto de entrega que como innovación contouse cunha presentación audiovisual  dos méritos e biografía dos galardoados.
Foron galardoados na categoría de CARBALLÉS do ano: a empresa carballesa HERFRAGA S.A., galardón entregado polo alcalde de Carballo D. Manuel Varela Rey e recollido por D. José Fraga , tamén como Carballés, o Ilmo. Sr. D. RAMIRO CERVIÑO PEREIRO quen recolleu o galardón de mans do Presidente da Obra Social de Caixa Galicia D. Manuel Aguiar López.
Na categoría de BERGANTIÑÁN do ano :  CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE BERGANTIÑOS que foi entregado polo Presidente da deputación Provincial da Coruña, D.José Lúis Torres Colomer e recollido polo Presidente de Cáritas Interparroquial D. Francisco Suárez Calvo.
No apartado de GALEGO do ano: Entregouse a (título póstumo) a D. CARLOS CASARES, recolleu  o galardón a súa viúva Dona Kristina Berg, de mans do Conselleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
Polos sucesos ocorridos neste ano ca traxedia do Prestige o padroado decidiu outorgar a MENCIÓN ESPECIAL: os  VOLUNTARIOS DA CATÁSTROFE DO PRESTIGE, recolle moza carballesa como testemuña dos milleiros de voluntarios que participaron nesta catástrofe, entregou o premio o presidente do Padroado, D. José Luis Calvo Pumpido. 

2003
Neste ano o movemento asociativo da Comarca, dá o seu agradecemento a persoas e entidades de carácter social.
Foi galardoado na categoría de CARBALLÉS do ano: a  carballesa Dona  HELENA GARCIA LORENZO, polos seus valores humanos e de servicio ós máis necesitados, galardón entregado polo alcalde de Carballo D. Evencio ferrero Rodríguez e recollido pola galardoada.
Na categoría de BERGANTIÑÁN do ano :  AFABER, Asociación de Familiares de Alzheimer de Bergantiños, que foi entregado polo Presidente da Deputación Provincial da Coruña, D.Jesús Salvador Fernández Moreda e recollido polo Presidente de AFABER, D. Jesús Villar.
No apartado de GALEGO do ano: Entregouse a PROXECTO HOME GALICIA. Recolleu  o galardón o seu Presidente D. Ramón Crespo, de mans do Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, D. José María Hernández Cochón.
 Un ano máis os axentes sociais da Comarca de Bergantiños voltaron a agasallar a tódos aqueles que están a facer coa súa labor, un Carballo, un Bergantiños e unha Galicia mellor. A todos eles, os bos e xenerosos, a nosa felicitación.


2004
Coma tódolos anos o Padroado entrega os galardón no 2005 o Carballés, Bergantián e Galego do ano 2004. Segue a mesma dinámica ca elección dos galardoados, despois da preselección por parte do Consello Asesor e despois das propostas das entidades procedeuse a elección definitiva por parte das asociacións, un ano máis o noso agradecemento os Concellos da Comarca é o movemento asociativo.

Foi galardoado na categoría de CARBALLÉS do ano: a empresa carballesa ASPABER UTE. empresa dependente da Asociación Carballesa Aspaber, de atención a disminuidos psíquicos, pola concesión ganada en concurso público da limpeza viaria de Carballo, galardón entregado polo Alcalde de Carballo D. EvencioFerrero Rodríguez e recollido por un dos seus traballadores. Na categoría de BERGANTIÑÁN do ano o galardón foi compartido, por unha banda : D. XAN FERNANDEZ CARRERA, profesor e escritor, polo seu coñecemento e divulgación do medio xeográfico, histórico e cultural da Comarca de Bergantiños que foi entregado por Dona Dolores Estrada, Delegada Territorial de Caixa Galicia. Na mesma categoría foi os VECIÑOS DE CORME, Ponteceso, pola súa mostra de solidaridade cas familias do pesqueiro afundido na Costa da Morte, “Bahia” e polo apoio material e humano demostrado neste suceso. Recolliu o galadon D. JoséLuis Fondo Aguiar, Alcalde do Concello de Ponteceso en nome dos veciños, foi entregado polo Presidente do Padroado D.JoséLuis Calvo Pumpido. No apartado de GALEGO do ano: Entregouse a D. JOSE ANTONIO VAZQUEZ TAIN, Xuiz de Vilagarcia, pola súa destacada sensibilidade a favor dos drogodependentes e pola súa traxectorio e compromiso directo na loita contra o narcotráfico. Recolleu o galardón o Sr. Taín de mans do Conselleiro de Xustiza da Xunta, D. Xesús Palmou.

2005
Cumpliuse un ano máis ca tradicción da elección dos persoaxes do ano, nesta edición foi unha da que máis galardoados surxiron, foron seis os premiados.
Foron galardoados na Categoria de Carballés do ano: D. JUAN FERNANDEZ PUGA e D. FRANCISCO GOMEZ PALLAS (esta elección foi conxunta) dous pilotos de motos carballeses que tantos títulos teñen no seu palmares. Entregoulles o galardon a cada un o Alcalde de Carballo, D. EvencioFerreroRodriguez, tamén como Carballés foi galardoado o “CENTRO SOCIAL “SAN XOAN BAUTISTA” de Carballo, recolleu o galardón o Presidente do Centro Social D. José García Gondardemáns do Presidente do Padroado D. JoséLuis Calvo Pumpido. No apartado de Bergantiñán foron premiadas as “CANTAREIRAS DE RAIGAÑAS” do Concello de Malpica de Bergantiños, pola recopilación e difusión das cantigas galegas, recolleu o galardón a Presidenta de Raigañas Dona Begoña Gómez Otero de máns do Director da Obra Social de Caixa Galicia, D Manuel Aguilar López. Para rematar a concesión destes títulos procedeuse a entregar os de Galego, que recaiu en Dona CARMEN AVENDAÑO OTERO, Presidenta da Asociación e Fundación Erguete de Vigo, pola súa traxectoria no asociacionismo e as drogodependencias, así como pola súa loita contra o narcotráfico, a que lle foi entregado o galardon polo Presidente da Deputación Provincial da Coruña, D. Salvador Fernandez Moreda. O outro galardoado foi D.XOSE NEIRA VILAS, o escritor Galego e intelectual recibiu o recoñecemento de mans da Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Dona Anxela Bugallo Rodriguez.
Ter en conta tamén a asistencia dos Alcaldes dos sete Concellos da comarca de Bergantiños , así como demáis autoridades.

2006
Salientar que nesta edición os galardoados foron elexidos polos membros das Asociacións con unha rotundidade aplastante, a votación nas diferentes categorias non pasou da segunda rolda, a excepción do galego que foi elexido por maioria na primeira, unha vez máis a cultura e a solidariedade danse a mán neste ano. Tamén destacar que nesta edición sumase o Consello Asesor BERTV (Televisión de Bergantiños) que emite desde os seus estudios en Carballo.

Foron galardoados na Categoria de Carballés do ano: OS GAITEIROS DE CANCES E CARMEN DO CURA , veciños da parroquia de Cances, Representan a verdadeiro exemplo pola difusión da música tradicional Galega, dunha forma autodidacta. Entregoulles o galardón a o Alcalde de Carballo, D. EvencioFerreroRodriguez, No apartado de Bergantiñán foi premiada DONA ASUNCION ANTELO SUAREZ, do Concello de Coristanco, destacouse a súa faceta como poetisa e artesán, recolleu o galardón de máns do Subdirector de Zonas e Sedes da Fundación Caixa Galicia.D. José Victorino Nogueira Barcia. Para rematar a concesión destes títulos procedeuse a entregar o de Galego, que recaeu en TRIPULACION DO PESQUEIRO “FRANCISCO E CATALINA”. Foron premiados en recoñecemento pola solidariedade amosada co rescate dos inmigrantes recollidos en alta mar. Entregou o galardón o Director Xeral de Recursos Pesqueiros, D. Antonio García Elorriaga, recolleu Dona Sandra Marcote Traba (Irma de Mel. Marcote, en nome da tripulación) a tripulación atopabasefaenando nestas datas.

Unha vez máis a festa dos recoñecementos rematou ca asistencias das diferentes autoridades, autonómicas, provinciais, comarcais e locais, así como polos representantes do diferentes colectivos da Comarca de Bergantiños.

2007
Chega unha nova edición dos galardóns de Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano do 2008. Nesta nova edición destacar como novidade que no apartado de Galego é a primeira vez que se da un galardón a figura dun investigador. Como anos anteriores foi a xornada do acto de entrega estivo cargada de emocións e sentimentos.

Foi galardoados na Categoria de Carballés do ano: O CENTRO MUNICIPAL DE FORMACIÓN DE CARBALLO , pola súa inestimable contribución a formación, asesoramento e inserción laboral, así como polas diversas actuacións desenvolvidadas en obras para o beneficio do pobo de Carballo. Recolliu o galardón Dona Maria Manso Cid, Concelleira de Formación e Emprego do concello de Carballo. Entregoulle o galardón a o Alcalde de Carballo, D. EvencioFerreroRodriguez. No apartado de Bergantiñán foi premiada DON MARTIN VARELA DOURADO, deportista discapacitado físico de Corme - Ponteceso , destacouse a súa faceta de tenista sobre cadeira de rodas, pola súa entrega, superación e recoñecemento a sua traxectoria deportiva. Recolleu o galardón de máns do Coordinador de Zona de Caixa Galicia. D. Manuel Martínez Bestilleiro. Para rematar a concesión destes títulos procedeuse a entregar o de Galego, que recaeu en D. ANGEL MARIA CARRACEDO ALVAREZ. Director do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, en recoñecemento pola súa traxectoria como investigador, escritor, profesor, editor, presidente e membro de diversas asociacións científicas. Entregou o galardón o Preside da Deputación Provincial da Coruña, D. Salvador Fernándes Moreda.

Unha vez máis a festa dos recoñecementos rematou ca asistencias das diferentes autoridades, autonómicas, provinciais, comarcais e locais, así como polos representantes do diferentes colectivos da Comarca de Bergantiños.

2008
2009 é un novo ano no que volve a actualidade de bergantiños a entrega dos Galardóns de carballés, bergantiñán e Galego do Ano 2008. Coma sempre baixo a organización do padroado, as asociacións e colectivos de bergantiñosdecidirón o destino destes galardóns.
Foi galardoada na Categoria de Carballés do ano: DONA JOSEFINA REY BALDOMIR , naceu en Carballo, no seno dunha das familias máis coñecidas da Vila, a “Casa Rey”. PROFESORA, Directora do ceipbergantiños, Vicepresidenta da A: Vieiro, Colaboradora social da parroquia de San Xoán bautista de Carballo é unha muller que marcou varias xeracións de nenos e mozos da nosa Vila, e que continúa con ganas e folgos para facer un Carballo xusto, solidario, e atractivo para vivir. Recolliu o galadón a Premiada.Entregoulle o galardón a o Alcalde de Carballo, D. Evencio Ferrero Rodriguez. No apartado de Bergantiñán foi premiada FUNDACION EDUARDO PONDAL de Ponteceso. No ano 1981, un colectivo constituído por representantes de diversas asociacións culturais, centros educativos e o Concello de Ponteceso promoven unha homenaxe ao Bardo Eduardo Pondal. inaugúrase a sé da Fundación no 2007 co descubrimento dunha placa na fachada, no que participan representantes da Deputación Provincial, da Consellería de Cultura e do Concello de Ponteceso. O Alcalde dese municipio é o primeiro Presidente da Fundación, que non quixeron deixar esmorecer, senón manter viva para sempre na memoria a figura do gran poeta Eduardo Pondal. Recolleu o galardón o Presidente da Fundación e Alcalde de Ponteceso, D. JoséLuis Fondo Aguiar,de máns do Deputado Provincial da Excma. Deputación de A Coruña, D. Antonio Lagáres Pérez. Para rematar a concesión destes títulos procedeuse a entregar o de Galego, que recaeu en D. JORGE MIRA PEREZ. (Baio, 1968). Profesor Titular de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. Entregou o galardón o Director xeral de Educación, Formación profesional e innovación Educativa da Xunta de Galicia, D. JoséLuis Mira Lema. Recolleu o galardón o premiado.

Unha vez máis a festa dos recoñecementos rematou ca asistencias das diferentes autoridades, autonómicas, provinciais, comarcais e locais, así como polos representantes do diferentes colectivos da Comarca de Bergantiños.

2009
Chega 2010 é un novo éxito confirma os galardóns, nesta edición contamos na mesa presidencial co Alcalde de Carballo, D. EvencioFerrero, en representación do Presidente da Deputación Provincial de A Coruña estivo o Deputado e Alcalde de Cerceda, D. José García Liñares. En representación da Obra Social de Caixa Galicia D. Manuel. Aguilar, o Secratario do Padroado Fogar de Bergantiños, Pedro Luis Fernández Pombo, que ostentou a representación do Presidente D. JoséLuis Calvo Pumpido, quen estaba ausente no extranxeiro e en representación da Consellería de Saúde, Dña. Nieves Domínguez González, Directora de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

Nesta edición a cultura e a mediciñaderonse a man, xa que os galardoados foron os seguintes:
Como Carballés do ano galardón a la S.C.R. de BERGANTIÑOS (Casino de Carballo). Asociación decana da comarca de Bergantiños, fundado en 1.924. Centro de encontro de actividades festivas, culturais e recreativas. Hoxe en día está realizando periódicamente charlas sobre temas de actualidade. Hai que resaltar que sempre colaborou en presta as súas instalacións a todos aqueles colectivos que o precisaron. No apartado de Bergantiñán do ano foi compartido por D. LUCIANO GARCIA ALÉN, Médico e etnógrafo, presidente e fundador do clube Alén Nós, así como Patrón fundador do Museo de Pobo Galego. É unha das persoas que o longo da súa vida máis loitou pola conservación e divulgación da cultura galega, e en canto a Bergantiños, da oleiría de Buño, doando a súa colección persoal de cerámica ao Centro Comarcal ubicado no pobo oleiro. Tamén foron premiados como bergantiñán, Os REGUEIFEIROS DE BERGANTIÑOS, A tódolos regueifeiros da Comarca de Bergantiños, pola súa contribución ó mantemento e difusión da música tradicional oral, a través desa forma tan singular e propia da nosa Comarca, recolliu o galardón Fermín da Feira Nova. Para rematar entregouse o galardón de galego do ano que recaiu en D. ALFONSO CASTRO BEIRAS, Médico e xefe do servizo de cardioloxía do Hospital Universitario da Coruña. Entre moitos cargos vinculados á ciencia do corazón, é Presidente da Sociedade Española de Cardioloxía, e autor de máis de 300 publicacións e libros en campos da epidemioloxía clínica, marcapasasos, etc.

Tamén contouse nesta ocasión ca asistencia dos alcaldes dos Concellos de Bergantiños, así como o Deputado Provincial D.Xoan Sande Muñiz e o Deputado no Parlamento de Galicia D. AlbertoSueiro Pastoriza, así como diversas autoridades e os representantes das diversas entidades empresariais, sociais, deportivas e culturais da comarca.

Este ano o Padroado como seña de austeridade, ca dificultade que está a pasar a sociedade ca crisis económica, suprimiu o lunch como mostra de solidaridade .

2010
Nesta edición celebrada a mesa presidencial da entrega dos galardóns estivo formada por: D. Xosé Daniel Buján Núñez, Subdirector Xeral de Bibliotecas da Consellería de Cultura e Turismo. D. Xoán Manuel Sande Muñiz, Deputación Provincial da Coruña. D. EvencioFerrero Rodríguez, Alcalde Concello de Carballo. D. Xosé Mª Arán Rodríguez, Vice-Presidente Padroado Fogar de Bergantiños. D. José Manuel López López, Director de Area Comercial de A Coruña de La Caixa.

Foron premiados como CARBALLÉS: DON RAMON SANCHEZ GARCIA E DONA BASILISA RODRIGUEZ, a título póstumo, en recoñecemento á súa labor social nos anos 50 e pola construcción da Capela da Milagrosa no barrio carballés deste nome. Recolleu o galardón o seu sobriño D. Manuel Peregil Cambón. Compartiu o premio de CARBALLÉS as ESCOLAS DE BALONMÁN XIRIA, pola promoción do deporte de base. Recolleu o galardón o seu presidente D. Alejandro González Cousillas. BERGANTIÑÁN: OLEIROS DE BUÑO, un recoñecemento á arte centenaria do barro que continúa dando froitos nesa localidade do Concello de Malpica de Bergantiños. Recolleu o galardón D. Antonio Pereira Rodríguez, Presidente da Asociación de Oleiría de Buño. GALEGO: FUNDACIÓN CASTELAO, polo traballo de conservación e divulgación da obra do gran escritor e pensador galeguista. Recolleu o galardón o Vicepresidente da Fundación D. Miguel Anxo Seixas Seoane.

2011
Nesta edición a mesa presidencial da entrega dos galardóns estivo formada por: - Dª Cristina Ortiz Dorda, Secretaria Xeral da Consellería de Traballo e Benestar.           Dª Zaira Rodríguez Pérez, Presidenta da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación Provincial da Coruña.
D. Evencio Ferrero Rodríguez, Alcalde Concello de Carballo. D. Xosé Mª Arán Rodríguez, Vicepresidente Padroado Fogar de Bergantiños. D. Francisco Felípez Regueira,  Representante de La Caixa. Dª María Andrade, Vicesecretaria Padroado Fogar de Bergantiños. D. Pedro Tasende Cancela, Mestre Ceremonia.


Foron premiados como CARBALLÉS: D. ALFONSO MARIÑO COTELO.  Xefe do Servizo de Oncoloxía Radioterapéutica do Centro Oncolóxico de Galicia, noque se incorporou en 1995. Especialista, sobre todo, en cancro de próstata. Participa en diferentes ponencias e xornadas. Compartiu o premio de CARBALLÉS a entidade CÁRITAS PARROQUIAL DE CARBALLO,  Moi destacable a súa labor social no referente ó banco de alimentos, roupeiro así como axudas económicas as familias Recolliu o galardón Dona María Dolores Calvo Pumpido, Presidenta de Cáritas Parroquial de Carballo.
No apartado de BERGANTIÑÁN: D. RAMÓN POMBO CASTRO (xogador de baloncesto en cadeira de rodas)Xoven deportista con discapacidade funcional, xogador de baloncesto en cadeira de rodas. Polo seu esforzo, traballo e gañas de superación, facendo de unha mala xogada da vida, con 19 anos, a ser a xogada da súa vida. Compartiu o premio de BERGANTIÑAN: ASOCIACIÓN AMIGOS DE LOS PERROS DE CARBALLO. Asociación Amigos de los Perros, con sede en Carballo, é a principal responsable da existencia dunha “perrera” na que teñen cobixo todos os cans abandoadosno municipio e moitas veces fóra del. Axuda tamén a manter vivos a ducias de animais que son abandoados polos seus donos.Recolliu o galardónDona Araceli Vila Regueira(Presidenta).
Para rematar co galardón de GALEGO: COCIÑAS ECONÓMICAS DE A CORUÑA E SANTIAGO DE COMPOSTELA,As Cociñas Económicas realizan os 365 días do ano catro servizos de comedor e tódolos días excepto domingos e festivos tres servizos de aseo persoal para as persoas máis necesitadas. Recolleron o galardón: Don AlbertoMartíVillardefrancos (Pte. C.E. A Coruña) e Sor Esther Seoane (C.E. Santiago Compostela).


Unha vez máis a festa dos recoñecementos rematou ca asistencias das diferentes autoridades, autonómicas, provinciais, comarcais e locais, así como polos representantes do diferentes colectivos da Comarca de Bergantiños.

2013
Nesta edición celebrada a mesa presidencial da entrega dos galardóns estivo formada polo Director Xeral de Relacións  Institucionais da Xunta de Galicia. D. Gonzalo OrdóñezPuime.  Presidenta da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación Provincial de A Coruña e Alcaldesa do Concello de  Cee .  Dona Zaira Rodríguez Pérez.  Alcalde Concello de Carballo.  D. EvencioFerrero Rodríguez.  Presidenta Padroado Fogar de Bergantiños.  Dona JosefinaRey Baldomir.  Representante Obra Social La Caixa . D. Francisco Felipez Canedo. Secretario Padroado Fogar de Bergantiños. D. Pedro Luis Fernández Pombo eactuou comoMestre Ceremonia. D. Xosé María Arán Rodríguez. . Vice-Presidente do Padroado Fogar de Bergantiños.
Foron premiados como CARBALLÉS: La Voz de Carballo – La Voz de Galicia. La Voz de Galicia, un dos diarios galegos con maior difusión, celebrou en 2012 o 25º Aniversario da súa edición en Carballo, “La Voz de Carballo”, singularizada nun apartado interior dentro do periódico e na súa primeira páxina, que recolle toda a información de Carballo, a súa comarca.      
Como BERGANTIÑAN: Aldea do Couto (Ponteceso).Unha pequena aldea do concello de Ponteceso, grazas á preocupación e traballo dos seus veciños e colectivos, converteuse hai décadas nun dos centros principais de estudo, divulgación, conservación, da nosa cultura, música e tradición, tanto oral coma escrita.
Como GALEGO: Nesta edición o galardón foi compartido, por unha parte as Cantareiras de Ardebullo. Perxonaxes artísticos creados polos humoristas Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, “Mucha e Nucha” morreron artisticamente en 2012 despois de facer rir a milleiros de galegos con esa retranca tan nosa. Tamén  en esta edición concedeuse o GALEGO do ano neste caso a título póstumo os Policias falecidos no rescate do Orzan (A Coruña). A costa da súa vida, e en cumprimento do deber, ou máis aló do deber como policías, estes tres axente galegos fixeron un rescate valeroso das augas da praia coruñesa do Orzán.

Edición

  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz