Padrodado Fogar de Bergantiños

Edición 2017

Lugar de entrega dos galardóns:

Composición da mesa:

Nominados Galego do ano

Bocixa Rei, Xosé

Bocixa Rei, Xosé

unha das persoas máis polifacéticas do sociedade galega actual. Naceu nas Encrobas (Cerceda) en 1967. É músico, xornalista e cineasta, cunha conciencia social que quedou plasmada en diversos documentais de temática social e ambiental, que reflicten o seu activismo a prol dun mundo máis xusto. Foi fundador do grupo de rock galego Zënzar no que segue tocando. Realizou traballos en diversos xornais, e tamén como realizador para Tingalaranga Audiovisual. Entre as súas obras audiovisuais destacan: As Encrobas. A ceo aberto, 100 anos de A Nosa Terra,  Universo EBA sobre Eduardo Blanco Amor, Rosa de Corcoesto, Touro, O Pino: A ameaza do Cobre.

CAMPAÑA COUSA DE RAÍCES “CAMPAÑA EN DEFENSA DO BOSQUE AUTÓCTONO”

CAMPAÑA COUSA DE RAÍCES “CAMPAÑA EN DEFENSA DO BOSQUE AUTÓCTONO”

Campaña que xorde por iniciativa do colectivo ecoloxista ADEGA pero na que participan moitas outras entidades e colectivos dispostas a traballar baixo un mesmo obxectivo: defender o noso bosque a través do seu coñecemento e posta en valor. Preto de 50 entidades, empresas, colectivos culturais, asociacións ecoloxistas e investigadores se sumaron xa a esta causa, que continúa recollendo apoios. 

FIOT (Festival Internacional de Outono de Teatro)

FIOT (Festival Internacional de Outono de Teatro)

Un dos festivais teatrais españois con máis tradición e renome que se celebra desde hai 25 anos en Carballo. O FIOT, cualificado polo seu director, Alberto Sueiro, como “un continente de actividades relacionadas coa escena”, inclúe actividades para nenos, funcións de teatro contemporáneo e alternativo, monólogos, cabaré, maxia, clowns, … ademais de iniciativas para poñer en contacto a pofesionais e público

O Pobo de Camelle

O Pobo de Camelle

Os veciños do pequeno pobo de Camelle (Camariñas) deron unha boa mostra de solidariedade e humanidade co comportamento colectivo amosado coa súa veciña Tatiana Alves e os seus pequenos dous fillos e outro en camiño, que quedaron recentemente nunha precaria situación económica a raíz do falecemento do seu home. A unión e esforzo dos veciños están a conseguir que esta familia saia adiante nesa pequena vila da Costa da Morte.

Peleteiro Brión, Ana (Ana Peleteiro)

Peleteiro Brión, Ana (Ana Peleteiro)

A xoven atleta de Ribeira Ana Peleteiro está a levar o deporte galego e español na especialidade de triple salto ás cotas máis altas do mundo do atletismo. Ademais de obter o campionato do mundo junior en 2012, subcampiona de Europa sub-23 en 2017, o pasado mes de marzo foi medalla de bronce no mundial en pista cuberta celebrado en Birmingham cun salto de 14,40 metros.

Nominados Carballés do ano

Ávila Álvarez,Alejandro

Ávila Álvarez,Alejandro

Pediatra carballés especializado en neonatoloxía que traballa no Hospital Materno Infantil do CHUAC. Entre outros formouse no mellor hospital pediátrico do mundo como é o “Children´s Hospital de Boston”. Ademais da súa faceta profesional, destaca tamén no mundo do baile e música tradicionais, sendo un excelente pandereteiro e bailador, en grupos como o Carballés Nemeth ou o coruñés Xacarandaina.

Escolas de Fútbol Luis Calvo

Escolas de Fútbol Luis Calvo

As Escolas de Fútbol Luís Calvo nacen no ano 2001 co obxetivo de promover a práctica dol fútbol e o fútbol sala nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. A sua escola reúne cada ano a centos de chavales oredor de estes deportes. Dende o ano 2005 organizan o 'Torneo Internacional de Fútbol-7 Concello de Carballo', que xa ten reunido aos clubs de maior nivel galego, estatal e internacional, e goza de recoñecemento no ámbito estatal por ser un dos mellores torneos na súa modalidade.

Fernández Rial, Rosalía

Fernández Rial, Rosalía

A pesar da súa xuventude, esta filóloga carballesa xa ten un amplo percorrido na publicación de obras en galego, fundamentalmente poesía. Destacan libros como “En clave de sol” (2009), “Átonos” (2011), “Vinte en escena” (2012), “Un mar de sensacións” (2012), “Ningún amante sabe conducir” (2014), “Contra-acción” (2016) ou “Sacar a bailar” (2016). Publicou neste ano 2018 o libro de relatos curtos “Bonus track”. Participa tamén activamente en espectáculos que combinan literatura coa expresión corporal e escénica, e no mundo do asociacionismo como a A. C. Lumieira.

Pose Blanco, José Luis (Chochi)

Pose Blanco, José Luis (Chochi)

Probablemente o mellor futbolista carballés de todos os tempos. Chegando a xogar na 1ª división de futbol español co Deportivo da Coruña no ano 1966

Nominados Bergantiñán do ano

Aloumiños

Aloumiños

Asociación de persoas con necesidades específicas da Costa da Morte. Pola labor denserolado ao longo destes anos na integración de nenos con necesidades especiais, e na formación de pais así como a participación na organización de actividades como o "Camiño dos faros inclusivo

Instituto de Estudios Bergatiñáns

Instituto de Estudios Bergatiñáns

A razón de ser do Instituto de Estudios Bergantiñáns é profundizar no estudio, coñecemento e promoción da Comarca de Bergantiños a través de distintas actividades e publicacións. Colaboran na entidade numerosos estudosos de divulgadores da nosa Comarca. Destacan entre as súas publicacións a serie titulada “Andando por Bergantiños”, na que cada libro está dedicado a unhas determinadas parroquias dos 7 concellos de Bergantiños, tentando cubrir todo o ámbito xeográfico da Comarca.

Lupe Blanco

Lupe Blanco

Esta coristanquesa, formada nas cantigas e bailes tradicionais galegos, está a garantir a continuidade duha expresión artística, cultural e musical propia de Bergantiños como é a Regueifa. Ademais de contribuír a que non desapareza a figura do regueifeiro, supón tamén un aire novo ao tratarse dunha muller e estar levando a cabo unha labor divulgadora e formadora da Regueifa. Lévao no sangue, pois é bisneta do regueifeiro “Blanco de Muiñoseco”.

Souto Barreiro,Francisco (Paco Souto)

Souto Barreiro,Francisco (Paco Souto)

(A título póstumo). O 30 de marzo de 2017 deixounos o percebeiro e escritor malpicán Paco Souto cando estaba traballando no mar, ao que tantos versos e palabras lle ten dedicado. Sempre activo no mundo do asociacionismo, da cultura e das letras, tanto no seu concello e de Bergantiños, fora fundador do Batallón Literario da Costa da Morte e da editorial Caldeirón. Entre a súa abundante obra pódese citar a última “As árbores caídas”.

Xesús San Luis Romero

Xesús San Luis Romero

Nacido en Carballo o 9 desetembro de 1872, non só asinou escritos cos alcumes de "un mozo bergantiñán" e "un vello bergantiñán", senón que co seu propio nome escribiu e publicou numerosas obras en prosa, verso, para teatro, como: A foliada no rueiro, A volta do bergantiñán, No quinteiro, O conto do avó, etc.

  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz