Padrodado Fogar de Bergantiños

Edición 2016

Lugar de entrega dos galardóns: Salón de Plenos do Concello de Carballo
[29-09-2017]

Composición da mesa: ·Alcalde Concello de Carballo.
   D. Evencio Ferrero Rodríguez.
.Representante da Xunta de Galicia
.  D. Arturo Parrado, Director Xeral de Inclusión da Consellería de Política Social.
·Presidenta Padroado Fogar de Bergantiños.
   Dona Josefina Rey Baldomir.
.Representante Fundación Luis Calvo Sanz.
   Ricardo Añón.
.Secretario Padroado Fogar de Bergantiños.
   D. Pedro Luis Fernández Pombo.
.Mestra Cerimonia.
   Dª María Andrade.

Nominados Galego do ano

AGAT (Asociación Galega de Atención Tempera)

AGAT (Asociación Galega de Atención Tempera)

Esta asociación foi creada en 1997 por distintos profesionais implicados na atención temperá tanto no campo sanitario como no psicosocial e educativo, que traballan con nenos e nenas con discapacidades. Tén como obxectivos o intercambio de experiencias, a formación continua e actualización profesional, a investigación, etc.

Boquete Giadáns, Verónica

Boquete Giadáns, Verónica

Verónica Boquete Giadáns naceu en Santiago de Compostela. Estrela do fútbol feminino, tras xogar en diversos equipos punteiros de Europa e América, actualmente milita no Bayern de Munich en Alemaña, e é a capitana da selección española de fútbol feminina. Desde febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino. Tamén nese ano, recibiu a Medalla Castelao e a Medalla de bronce da Real Orden do Mérito Deportivo.

EQUIPOS DE RESCATE AÉREO DE GALICIA DE SALVAMENTO MARÍTIMO

EQUIPOS DE RESCATE AÉREO DE GALICIA DE SALVAMENTO MARÍTIMO

Dedicados a rescatar do mar aos navegantes en perigo, incluso poñendo en risco moitas veces a súa propia vida -dadas as condicións climatolóxicas nas que acostuman a traballar- fan destes funcionarios públicos un heroes na súa labor de busca e salvamento marítimo. Actualmente Galicia conta con dous helicópteros Helimer 201 e 411 con base na Coruña, e un avión Sasemar 102 con base en Santiago.
Video acto de entrega

Luar na Lubre

Luar na Lubre

E unha das formacións musicais mais importantes do folk galego actual. No ano 2016 celebraron o 30 aniversario.
Trátase dunha das bandas máis representativas do panorama folk galego. Obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro.

Raña, Ivan

Raña, Ivan

Pola súa traxectoria deportiva no triatlón. Culminada no 2002 co campionato do mundo e no 2003 co subcampionato do mundo e o campionato de Europa.

Vilar Díaz,Xosé Ignacio

Vilar Díaz,Xosé Ignacio

Ós dezaoito anos trasládase a Barcelona, onde estuda cine, montaxe, dirección de actores, rodaxe de documentais e curtas. Alí comeza un proxecto de difusión de cinema polos barrios de Barcelona, e tamén polas vilas de Cataluña. En 1989 gaña o Carlos Velo polo guión "Ollo Birollo", volve a Galicia e monta a produtora  Via Láctea Filmes, coa que dirixe curtas en 35mm, documentais e series documentais para televisión.No ano 2016 estrea Pola estrea da película «Sicixia» que encumbra a Costa da Morte

Nominados Carballés do ano

Bergantiños, F.C. Sección Femenina

Bergantiños, F.C. Sección Femenina

Noventa e tres anos despois da fundación do clube, o Bergantiños xunto ás Escolas Luis Calvo Sanz despegan no mundo do fútbol feminino e con esta nova formación, demóstrase que o deporte feminino está en auxe. Desde a organización lanzan a seguinte mensaxe: «Tódalas mozas poden participar». A carballesa María Bardanca, cunha longa traxectoria no mundo do fútbol, vai ser unha das adestradoras do equipo.

Cantareiras de Berdillo

Cantareiras de Berdillo

Empezaron sendo nenas, e despois de 25 anos continúan disfrutando, recuperando e transmitindo a nosa música tradicional cantada, baixo o amparo da Asociación Cultural Arume. Eixo fundamental da música popular en Carballo e na Comarca de Bergantiños

Video acto de entrega

Escola de Basket Xiria

Escola de Basket Xiria

O traballo coa canteira, continúa a ser a filosofía e esencia do clube de baloncesto carballés Escola Básket Xiria, desde os seus inicios hai 30 anos, como unha oferta deportiva máis da Asociación Deportiva Xiria. Ademais de incrementar o número de participantes, supón establecer colaboración con outras entidades de Bergantiños e A Coruña. Cabe subliñar desde hai uns anos a organización do Día do Pequebasket, que se celebra en Carballo o 17 de maio

Escolas de Fútbol Luis Calvo

Escolas de Fútbol Luis Calvo

As Escolas de Fútbol Luís Calvo nacen no ano 2001 co obxetivo de promover a práctica dol fútbol e o fútbol sala nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. A sua escola reúne cada ano a centos de chavales oredor de estes deportes. Dende o ano 2005 organizan o 'Torneo Internacional de Fútbol-7 Concello de Carballo', que xa ten reunido aos clubs de maior nivel galego, estatal e internacional, e goza de recoñecemento no ámbito estatal por ser un dos mellores torneos na súa modalidade.

Fernández Rial, Rosalía

Fernández Rial, Rosalía

Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988) é licenciada en filoloxía pola USC, estudou acordeón, fai teatro afeccionado e, sobre todo, escribe. Como poeta, entre os seus libros destacan títulos como En clave de sol (2009), Átonos (2011), Vinte en escena (2012), Un mar de sensacións (2012), Ningún amante sabe conducir (2014) e Contracción(2016).  
Na súa faceta de narradora, Rosalía participou no volume colectivo Follas de Carballo (2011), en revistas (como a das Festas do San Xoán ou da Romaría da Barca) e no xornal Infoxove.

FIOT (Festival Internacional de Outono de Teatro)

FIOT (Festival Internacional de Outono de Teatro)

Un dos festivais teatrais españois con máis tradición e renome que se celebra desde hai 25 anos en Carballo. O FIOT, cualificado polo seu director, Alberto Sueiro, como “un continente de actividades relacionadas coa escena”, inclúe actividades para nenos, funcións de teatro contemporáneo e alternativo, monólogos, cabaré, maxia, clowns, … ademais de iniciativas para poñer en contacto a pofesionais e público

Marcos Rodríguez (Fotógrafo)

Marcos Rodríguez (Fotógrafo)

Este carballés afincado en Cee iniciouse na fotografía xa desde neno e, co tempo, a afección converteuse en paixón. Así, despois de estudar Produción e Linguaxe Audiovisual entre 1990 y 1994, y empezar facendo reportaxes de comunións, vodas e bautizos cunha cámara de vídeo, dedicouse por completo ás imaxes estáticas recibindo numerosos premios a nivel nacional e internacional. En 2017 será representante del equipo español na categoría de ""Reportaxe Gráfica" na World Photographic Cup (WPC) Copa do Mundo de Fotografía.

Milagros Cotelo

Milagros Cotelo

Unha das pintoras máis queridas de Carballo que empezou a interesarse pola arte desde moza. Hai uns vinte anos, cando decidiu empezar a dar clases de pintura na Casa da Xuventude, chegoulle a primeira oportunidade de expoñer en público as súas creacións. Desde hai pouco, preside o colectivo carballés de artistas Crea Formas, que axudou a fundar en 2008.
Video acto de entrega

Pose Blanco, José Luis

Pose Blanco, José Luis

Probablemente o mellor futbolista carballés de todos os tempos. Chegando a xogar na 1ª división de futbol español co Deportivo da Coruña no ano 1966

Proxecto Derrubando muros con pintura

Proxecto Derrubando muros con pintura

Proxecto que converteu a Carballo nestes ultimos anos nun “museo” de arte urbana contribuíndo ademáis a erradicar o feísmo constructivo da vila no que artistas locais e internacionais participaron impulsados pola Concellería de Promoción Económica do Concello e que conta xa con 20 obras que se irán ampliando nos próximos meses con novos murais.

Nominados Bergantiñán do ano

Asociación ÍNTEGRO das persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte

 Asociación ÍNTEGRO das persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte

Pola súa labor de integración en prol das persoas con movilidade reducida da Comarca no mundo laboral.
Video acto de entrega

Agrupación Deportiva UN PASO MAIS

Agrupación Deportiva UN PASO MAIS

Naceu en 2014 da preocupación dun grupo de pais carballeses -o obxectivo abarca Bergantiños- pola integración de nenos e nenas con discapacidade a través de actividades deportivas como a natación ou o baloncesto, coa finalidade de acadar a súa inclusión. 

Aloumiños

Aloumiños

Asociación de persoas con necesidades específicas da Costa da Morte. 
Pola labor denserolado ao longo destes anos na integración de nenos con necesidades especiais, e na formación de pais así como a participación na organización de actividades como o "Camiño dos faros inclusivo"

Camiño dos Faros

Camiño dos Faros

Polo seu proxecto de divulgación, coñecemento e deportivo en torno a roteiros polos faros da Comarca, e en particular polo proxecto Camiño dos Faros Inclusivo, promovendo a participación de persoas con discapacidade.

Federacion de ANPAS da Costa da Morte

Federacion de ANPAS da Costa da Morte

O 2016 foi un intenso curso académico nos colexios da Costa da Morte. A loita polas xornadas únicas en varios centros educativos da bisbarra, a reivindicación da educación hospitalaria e domiciliaria para o alumnado con enfermidades de longa duración  e o novo sistema das Reválidas centraron a preocupación dos pais e nais de Bergantiños.

Jesús Figueroa Ourens e José Angel Suárez Garrido (Candidatura Conxunta)

Jesús Figueroa Ourens e José Angel Suárez Garrido (Candidatura Conxunta)

Polo seu traballo coa xuventude, na formación deportiva e humana, educación do tempo libre, e o fomento de valores coma a amizade, o respecto e a solidariedade, así como o impagable traballo de cohesión social ao longo de moitos anos coas categorías de fútbol de base.

Mercedes Queixas Zas

Mercedes Queixas Zas

Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña e exerce como docente de Lingua galega e literatura no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. É autora de ensaios de carácter divulgativo como Os trobadores do Reino de Galiza (1997) ou Breve historia da literatura galega (1999), ademais doutros estudos: Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002), Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009), Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg (2011) e Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo (2011). Ademais, é coautora da Historia xeral da literatura galega (2001). Ten participado como relatora en diferentes foros de formación do profesorado, análise literaria e planificación lingüística aplicada ao ámbito educativo.
A súa última achega bibliográfica en 2013 foi a coordinación do monográfico para a Revista Galega de Educación dedicado a Rosalía de Castro e que leva por título «Aprendemos con Rosalía». 
Entre marzo de 2007 e agosto de 2010 exerceu como coordinadora territorial dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña. Actualmente é secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz