Padrodado Fogar de Bergantiños

Edición 2015

Lugar de entrega dos galardóns: Salón de Plenos do Concello de Carballo
[27-05-2016]

Composición da mesa:
D. Jesús Vázquez Almuiña
Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia
D. Antonio Leira Piñeiro
Deputado de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior da
Deputación Provincial de A Coruña.
Alcalde Concello de Carballo.
D. Evencio Ferrero Rodríguez.
Presidenta Padroado Fogar de Bergantiños.
Dona Josefina Rey Baldomir.
Representante Fundación Luis Calvo Sanz.
Dona María Dolores Calvo Pumpido.
Secretario Padroado Fogar de Bergantiños.
D. Pedro Luis Fernández Pombo.
Mestre Ceremonia.
D. Pedro Tasende Cancela.

Galardón Galego do ano

EQUIPO DE TRANSPLANTES DO CHUAC (COMPLEXO HOSTITALARIO UNIVERSITARIO A CORUÑA)

EQUIPO DE TRANSPLANTES DO CHUAC (COMPLEXO HOSTITALARIO UNIVERSITARIO A CORUÑA)

O Equipo de Trasplantes do CHUAC bateu en 2015 o seu propio récord de transplantes, destacando o incremento nos transplantes de pulmón. A solidariedade dos doantes, así como o gran traballo médico do equipo, do que é coordinador Antón Fernández, converten nun referente da asistencia sanitaria pública a este grupo de profesionais.

Video acto de entrega

Galardón Carballés do ano

Cholcolates Mariño

Cholcolates Mariño

Fundada no ano 1927 por D. José Mariño Pensado, é unha das poucas empresas en toda España que continúa a día de hoxe co proceso de elaboración tradicional do chocolate. Enfronte á Casa do Concello de Carballo, Chocolates Mariño, tras noventa anos de tradición, segue elaborando un excelente chocolate baixo a batuta do fillo do fundador, D. Severino Mariño e a súa familia. E non hai que esquecer que tamén seguen a producir velas de cera.

Video acto de entrega

Galardón Bergantiñán do ano

XERMÁN ROXELIO (XELUCHO), ABELLA CHOUCIÑO

 XERMÁN ROXELIO (XELUCHO), ABELLA CHOUCIÑO

Natural de Malpica de Bergantiños, é licenciado en teoloxía, filosofía e ciencias da educación. Dou clase de filosofía a moitos mozos de mozas da Comarca de Bergantiños. É escritor de literatura infantil e libros relacionados coa comarca, entre outros “Gundar e o cabalo de oito patas”, “A cidade maldita”, “A ermida do diaño”, ou “As aventuras de Pelusa”, libro reeditado hai dous anos. Tamén publicou unha guía turística de Malpica. Alonxado da docencia e da escritura, continúa a ser un referente no ensino e na cultura da nosa Comarca.

Video acto de entrega

Asociacións de loita contra o Cancro da Comarca de Bergantiños

Asociacións de loita contra o Cancro da Comarca de Bergantiños

As Xuntas Locais da Asociación Española Contra o Cancro, veñen desenvolvendo desde hai anos na nosa Comarca unha gran labor social de concienciación, axuda e recadación de fondos para a investigación e tratamento das enfermidades de cancro.

Video acto de entrega

Asocición Ambiental Senda Nova

Asocición Ambiental Senda Nova

É unha entidade sen ánimo de lucro composta duns 40 socios, principalmente das comarcas de Bergantiños e Soneira. Ten como obxectivos principais a protección e posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico, sobre todo destas comarcas. Deste xeito, véñense levando a cabo diversos proxectos de posta en valor do noso patrimonio.

Video acto de entrega

  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz