Padrodado Fogar de Bergantiños

Edición 2013

Lugar de entrega dos galardóns: Salón de Plenos do Concello de Carballo
[30-05-2014]

Composición da mesa:

Galardón Galego do ano

Gómez Noya, Javier

Gómez Noya, Javier

Deportista ferrolán, triatleta, campeón mundial sub-23 no 2003, campeón de europa no 2007 e campeón da copa do mundo no 2006, é un dos máis importantes deportistas galegos da historia. Destaca a súa traxectoria deportiva e a súa fortaleza e adicación como exemplo de esforzo persoal. En 2007, foi considerado o mellor deportista galego do ano.En 2013 acadou a campeonato de Europa de media distancia, e foi novamente campión do mundo de triatlón.
Video acto entrega

Veciños de Angrois

Veciños de Angrois

A súa humanidade, entereza e dedicación aos demais na atención ás víctimas do accidente de ferrocarril ocurrido no seu barrio compostelano o 24 de xullo do 2013 queda na memoria de todos. Deixaron as súas ocupacións para coidar aos lesionados e sacalos dos convois sen ter en conta a súa propia seguridade.   

Video acto entrega

Foto do acto de entrega

Galardón Carballés do ano

García Gondar, José

García Gondar, José

Naceu en Oca- A Estrada. Chegou a Carballo hai 41 anos como cura párroco de San Xoán Bautista. Produndamente implicado na vida pastoral e social de Carballo, xestiona cursos, actividades formativas, pastorais, asociacións, etc. Foi Vicario Episcopal da Coruña, e desde hai anos exerce de crego ademáis noutras parroquias do Concello de Carballo. O ano pasado tivo repercusión internacional o Ano Xubilar Mariano na Capela da Milagrosa, creándose tamén a casa de Acollida "Fogar Dª Basilisa".

Video acto de entrega 

Foto do acto de entrega

Galardón Bergantiñán do ano

Pumar Gándara, José

Pumar Gándara, José

Pola súa extraordinaria erudición, cultura, humanidade e capacidade de investigación que compilou en"Viaxe ao corazón de Bergantiños", un libro que dá idea do seu coñecemento e o seu amor pola comarca e tamén polo municipio carballés. 

Video acto entrega

Foto do acto de entrega

  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz