Padrodado Fogar de Bergantiños

Edición 2009

Lugar de entrega dos galardóns: Salón de Plenos do Concello de Carballo
[11-06-2010]

 

Composición da mesa:
Alcalde de Carballo, D. Evencio Ferrero, en representación de la Diputación, el diputado y Alcalde de Cerceda, D. José García Liñares.
En representación da Obra Social de Caixa Galicia Sr. Aguilar
Secratario do Padroado Fogar de Bergantiños, Pedro Luis Fernández Pombo.
En representación da Consellería de Saúde,  Dña. Nieves Domínguez González, Directora de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.
O Presidente de Padroado Fogar de Bergantiños disculpa a súa presencia.

Galardón Galego do ano

Castro Beiras, Alfonso

Castro Beiras, Alfonso

Médico e xefe do servizo de cardioloxía do Hospital Universitario da Coruña. Entre moitos cargos vinculados á ciencia do corazón, é presidente da Sociedade Española de Cardioloxía, e autor de máis de 300 publicacións e libros en campos da epidemioloxía clínica, marcapasasos, etc

Galardón Carballés do ano

S.C.R. de Bergantiños (Casino de Carballo)

S.C.R. de Bergantiños (Casino de Carballo)

Asociación decana da comarca de Bergantiños, fundado en 1.924. Centro de encontro de actividades festivas, culturais e recreativas. Hoxe en día está realizando periodicamente charlas sobre temas de actualidade. Hai que resaltar que sempre colaborou e presta as súas instalacións a todos aqueles colectivos que o precisaron

Galardón Bergantiñán do ano

García Alén, Luciano

García Alén, Luciano

Médico e etnógrafo, presidente e fundador do clube Alén Nós, así como Patrón fundador do Museo de Pobo Galego. É unha das persoas que ao longo da súa vida máis loitou pola conservación e divulgación da cultura galega, e en canto a Bergantiños, da oleiría de Buño, doando a súa colección persoal de cerámica ao Centro Comarcal ubicado no pobo oleiro

Regueifeiros de Bergantiños

Regueifeiros de Bergantiños

A tódolos regueifeiros da Comarca de Bergantiños, pola súa contribución ó mantemento e difusión da música tradicional oral, a través desa forma tan singular e propia da nosa Comarca

  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz