Padrodado Fogar de Bergantiños

Edición 2005

Lugar de entrega dos galardóns:

Composición da mesa:

Galardón Galego do ano

Avendaño Otero, Carmen

Avendaño Otero, Carmen

Nacida no barrio vigués de Lavadores, Fundou a Asociación Erguete. Dedicada por enteiro á loita contra o narcotráfico en Galicia, colaborou na constitución de diferentes entidades de axuda ó drogodependente en Galicia, chegando á presidir a Federación Galega destas entidades. Ten recibido innumerables recoñecementos pola súa labor social. Na actualidade é a presidenta da Fundación Erguete Integración. Esta labor levou ó director Gerardo Herrero á realización da película “Heroína”, inspirada na súa vida, estreada no ano 2005.

Neira Vilas, Xosé

Neira Vilas, Xosé

Escritor en galego de recoñecido prestixio. Sobre todo é coñecido polo seu libro "Memorias dun neno labrego" (1961). Pasou grande parte da súa vida fóra de Galicia: nos 50 en Bos Aires, vencellado ás actividades culturais e patrióticas promovidas polos exiliados republicanos; desde 1961 ata finais dos 80 reside en Cuba, onde fundou e dirixiu a sección galega do Instituto de Literatura e Lingüística, e onde traballou como redactor xefe da revista infantil "Zunzún". Na actualidade reside na súa casa nata de Gres (Val do Ulla) convertida na sede da fundación que leva o seu nome. É membro da Academia Galega da Lingua.

Galardón Carballés do ano

Centro Social San Xoán Bautista

Centro Social San Xoán Bautista

O Centro Social nace no ano 1996. Constitúe un espazo aberto e interxeneracional, onde nenos, mozos, adultos e xubilados participan en actividades organizadas, aglutinando a máis de 20 asociacións carballesas, aparte de ceder o uso das súas instalacións a todos aqueles colectivos da zona que o precisen. Na actualidade está centrado, sobre todo, na organización de cursos de carácter formativo, tendo unha relevancia especial os de inclusión social.

Juan Puga y Fran Gómez

Juan Puga y Fran Gómez

Estes dous pilotos carballeses, representan o pasado máis inmediato e o presente no mundo do motociclismo da nosa Vila. Gañadores de numerosos campeonatos nas especialidades de motocross, enduro, raid (Juan Puga foi campeón galego e de España en diversas edicións), teñen participado tamén en probas no extranxeiro, entre as que cabe destacar as de Fran Gómez no famoso rallie Dakar.

Galardón Bergantiñán do ano

Cantareiras da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica)

Cantareiras da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica)

Raigañas formouse en outubro de 1994, na parroquia malpicana de Cerqueda. A maior parte das pezas que conforman o seu repertorio foron recollidas polo propio grupo ó longo de toda a bisbarra de Bergantiños e outros lugares de Galicia. Teñen feito colaboracións co grupo Luar na Lubre, grabando recentemente o seu primeiro disco, que leva por título “Baila que podes bailar”. Participaron na banda sonora da película “Heroína”, baseada na figura de Carmen Avendaño.

  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz