Padrodado Fogar de Bergantiños

Edición 2001

Lugar de entrega dos galardóns: Sala de plenos do Concello de Carballo
[19-04-2002]

Nesta Edición púxose en práctica por primeira vez o viño español no mismo Concello. E digno de mención a boa acollida que tivo esta decisión por parte de todo-los asistentes.

Composición da mesa:
D. Manuel Aguilar, Presidente Obra Social Caixa Galicia. D. José Luis Torres Colomer, Presidente Diputación Provincial de A Coruña D. José Luis Cavo Pumpido ,Presidente do Padroado D. Manuel Varela Rey, Alcalde de Carballo D. Aurelio Miras Portugal, Conselleiro de Emigración da Xunta de Galicia. Delegada Provincial de Sanidade D. Pedro Luis Fernandez Pombo, Secretario.

Galardón Galego do ano

Centro Galego de Buenos Aires

Centro Galego de Buenos Aires

Pola labor que desenvolven os centros galegos espallados por todo o mundo. E concretamente o de Buenos Aires, pola situación de crise que está atravesando a Arxentina.

Díaz Pardo, Isaac

Díaz Pardo, Isaac

Escritor, artista e mecenas en moitos proxectos culturais. É un home que traballou para a construcción de Galicia en moi distintos ámbitos, pero sobre todo pola súa cultura. Participou na creación de institucións como o "Laboratorio de formas de Galicia", e "Cerámicas do Castro", "Fundación Museo Carlos Maside", "Ediciós do Castro", "Fábrica de Sargadelos", "Instituto Galego de Información". En 1972 creou o "Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos", institución á que lle debemos que evitar a desaparición do Instituto Xeolóxico de Laxe. É membro da Real Academia Galega, foi galardoado con numerosos premios, entre outros co "Pedrón de Ouro".

Galardón Carballés do ano

Rodríguez Rodríguez Manuel

Rodríguez Rodríguez Manuel

Polo traballo desenvolvido ó longo de trinta anos, no ámbito relixioso, social, cultural, musical, e de recuperación do patrimonio do Concello de Carballo

Galardón Bergantiñán do ano

ASPABER

ASPABER

Leva 25 anos de actividade nos que conseguiu romper o aillamento das persoas discapacitadas psíquicas, formalas e integralas na sociedade.

  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz