Padrodado Fogar de Bergantiños

Candidatos

BUSCADOR: Por categoría:
Por nome:

Voluntarios Catástrofe do Prestige

OS VOLUNTARIOS DO “PRESTIGE”

Sobre as tres da tarde do 13 de novembro de 2002, o petroleiro Prestige, con bandeira bahameña de conveniencia, lanzou unha chamada de socorro a unhas trinta millas de Fisterra cargado con máis de 70.000 toneladas de fuel.

Uns días despois, ese chapapote comezou a chegar ás costas galegas. Primeiro, á da Morte, en Camelle e, logo, a todo o territorio atlántico, sementando ó seu paso a máis terrible traxedia económica e ecolóxica que viviu Galicia en toda a súa historia. Pero a marea negra trouxo tamén algo nunca visto ata entón, e que en contraposición ó negro de morte inundou as nosas costas dun branco cargado de espírito de axuda e de solidariedade: naceu o que xa se coñece en todo o mundo como a “Marea Branca” que formaron e forman os milleiros e milleiros de voluntarios que en masa veñen loitar contra a contaminación fedenta e inmoral que arrasou toda a costa galega. Na pasada Semana Santa máis de 12.000 persoas traballaron nas nosas costas contra a marea negra. Ataviados con ese inconfundible buzo branco, foron inundando as nosas praias, coídos, rías, de xenerosidade reflexada no suor, no cansancio, nos rostros de impotencia ás veces; en resume, en toneladas e toneladas de porquería negra que conseguiron arrancar dun mar agradecido pero triste, que non comprende por qué o home o tén que ferir cada pouco cando é fonte de vida.

Os voluntarios, ademais de axuda e traballo impagable, trouxeron sobre todo aires de esperanza e de futuro, que os galegos debemos agradecer eternamente.

Currículum

Edicións nas que foi nominado:

Edición Categoría Galardóns Foto do acto de entrega Descargas Méritos
galardoado foto de entrega Descargar presentación Pola súa labor solidaria na colaboración a paliación do desastre ocasionado polo afundimento do petroleiro PRESTIGE
  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz