Padrodado Fogar de Bergantiños

Candidatos

BUSCADOR: Por categoría:
Por nome:

Fernández Rial, Rosalía

Edicións nas que foi nominado:

Edición Categoría Galardóns Foto do acto de entrega Descargas Méritos
carballés Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988) é licenciada en filoloxía pola USC, estudou acordeón, fai teatro afeccionado e, sobre todo, escribe. Como poeta, entre os seus libros destacan títulos como En clave de sol (2009), Átonos (2011), Vinte en escena (2012), Un mar de sensacións (2012), Ningún amante sabe conducir (2014) e Contracción(2016).  
Na súa faceta de narradora, Rosalía participou no volume colectivo Follas de Carballo (2011), en revistas (como a das Festas do San Xoán ou da Romaría da Barca) e no xornal Infoxove.
carballés A pesar da súa xuventude, esta filóloga carballesa xa ten un amplo percorrido na publicación de obras en galego, fundamentalmente poesía. Destacan libros como “En clave de sol” (2009), “Átonos” (2011), “Vinte en escena” (2012), “Un mar de sensacións” (2012), “Ningún amante sabe conducir” (2014), “Contra-acción” (2016) ou “Sacar a bailar” (2016). Publicou neste ano 2018 o libro de relatos curtos “Bonus track”. Participa tamén activamente en espectáculos que combinan literatura coa expresión corporal e escénica, e no mundo do asociacionismo como a A. C. Lumieira.
  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz