Padrodado Fogar de Bergantiños

Candidatos

BUSCADOR: Por categoría:
Por nome:

EQUIPOS DE RESCATE AÉREO DE GALICIA DE SALVAMENTO MARÍTIMO

Que unha emerxencia remate sen lamentar perdas humanas, xa é un premio que non ten prezo. E salvar vidas é un dos cometidos principais da “Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima”, tamén coñecida como SASEMAR ou “Salvamento Marítimo”, un ente público empresarial encargado da seguridade marítima, dependente do Ministerio de Fomento. 
A súa principal tarefa é levar a cabo operacións de busca e rescate, aínda que tamén loita contra a contaminación marítima, controla o tráfico marítimo e asiste a embarcacións. 
Conta cun equipo integrado por máis de 1.500 traballadores, alerta durante as 24 horas do día, e 11 helicópteros ou “Helimer” especificamente configurados para as labores de busca e salvamento marítimo. Son as unidades activadas cando é preciso dar unha resposta inmediata  polas condicións de gravidade, supervivencia ou evacuacións médicas, nas que se atopen vidas en perigo. 
 Formar parte dun equipo de rescate aéreo non é fácil. Os aspirantes deben superar probas teóricas, físicas e psicolóxicas que garantan que no se van quedar bloqueados no medio dunha intervención. Como eles mesmos recoñecen: “é unha profesión de vocación adquirida”. É unha tremenda responsabilidade saber que os teus actos, as túas accións poden marcar a diferenza entre a vida ou a morte dunha persoa.  Chámanlle os «Anxos do aire». Estamos ante unha profesión de altura na que o obxectivo principal son as persoas, salvar e rescatar vidas. Son unha especie de anxo da garda que, en lugar de chegar voando con ás ao lombo, fano as aspas dun helicóptero. 
 Entre as súas funcións, podemos subliñar a busca e rescate de surfistas, barcos naufragados, buques ou pateiras. A maiores, tamén se dedican ao rescate de persoas ás que xa só se pode acceder por vía área, persoas que quedaron illadas en rochas ou acantilados. Son los últimos en ser avisados na cadea de salvamento e, polo tanto, os que soen atoparse coas peores situacións.
 As quendas de traballo destes equipos aéreos de rescate abarcan das 12 da mañá ás 12 da noite e son sempre cinco os tripulantes que están de garda formando un equipo composto por un piloto, copiloto, gruísta e dous rescatadores.
 En Galicia, acostumados a invernos nos que os temporais se encadean, os tripulantes do «Helimer» xóganse continuamente a vida baixando aos buques para poñer a salvo aos náufragos con ventos de máis de cen quilómetros por hora e grandes olas, aínda que eles sempre se sacoden a etiqueta de heroes.
 Estes rescatadores están acostumados a descolgarse desde quince metros para salvar a mariñeiros en apuros e, man a man, coa axuda dunha polea e unha corda de aceiro que soporta 270 quilos, son capaces de rescatar nunha hora a case unha ducia de tripulantes. La filosofía de traballo destes efectivos de Salvamento Marítimo é minimizar riscos, aínda que matizan e din que “o límite sempre llo poñemos máis aló do que a xente acostuma a pensar”. 

Como xa dixemos, esta é unha profesión de altura, pero á altura de moi poucos, xa que estas persoas arriscan a súa vida para salvar as dos demais, día a día por toda a costa galega a bordo desas aeronaves, sendo continuamente sinalados coma un dos equipos de salvamento marítimo mellor considerados do mundo. 
 Como promotores e defensores dos altos valores profesionais, humanos e solidarios, recollendo o sentir popular desta comunidade, vimos en proclamalos GALEGO DO ANO 2016.

Currículum

Edicións nas que foi nominado:

Edición Categoría Galardóns Foto do acto de entrega Descargas Méritos
galego Dedicados a rescatar do mar aos navegantes en perigo, incluso poñendo en risco moitas veces a súa propia vida -dadas as condicións climatolóxicas nas que acostuman a traballar- fan destes funcionarios públicos un heroes na súa labor de busca e salvamento marítimo. Actualmente Galicia conta con dous helicópteros Helimer 201 e 411 con base na Coruña, e un avión Sasemar 102 con base en Santiago.
galego galardoado Dedicados a rescatar do mar aos navegantes en perigo, incluso poñendo en risco moitas veces a súa propia vida -dadas as condicións climatolóxicas nas que acostuman a traballar- fan destes funcionarios públicos un heroes na súa labor de busca e salvamento marítimo. Actualmente Galicia conta con dous helicópteros Helimer 201 e 411 con base na Coruña, e un avión Sasemar 102 con base en Santiago.
Video acto de entrega
  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz