Padrodado Fogar de Bergantiños

Candidatos

BUSCADOR: Por categoría:
Por nome:

Asociación ÍNTEGRO das persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte

En 1995 o Padroado Fogar de Bergantiños xa premiou á Asociación Ponte-Cabana co Galardón de Bergantiñán do Ano, que se tiña constituído o día 1 de febreiro de 1992 coa denominación de “Asociación de Minusválidos “Ponte-Cabana”. O xermolo fora uns meses antes nas “xornadas dos minusválidos” celebradas na Casa dos Veciños do Couto (Ponteceso) organizadas pola Asociación Cultural Monte Blanco, co obxectivo de coñecer as principais problemáticas coas que se atopaban diariamente as persoas con discapacidade. A partir da súa creación hai 25 anos empézanse a desenvolver campañas de prevención das lesións medulares. A primeira levouse a cabo nos Concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños, para posteriormente realizalas en tódolos concellos, repartindo dípticos e carteis nos locais de movida nocturna da zona e concienciando aos mozos dos posibles riscos que trae unha lesión medular. Esta campaña permanece no tempo ata hoxe. Como a entidade vai medrando e ampliando o seu campo de acción, considerouse que o nome “Ponte-Cabana” era moi localista, polo que o 13 de decembro de 1997 acordouse o cambio de nome, pasando a denominarse “ÍNTEGRO” (Asociación de minusválidos das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Terra de Soneira e Xallas). Un ano máis tarde creouse o Grupo Xuvenil, coa finalidade de dar un respiro ás familias durante unhas horas os fins de semana. Este grupo reuníase os fins de semana alternos nun local cedido pola Parroquia San Xoán Bautista en Carballo. Tamén se pón en marcha nun local cedido ao lado do pavillón de deportes de Cabana un curso de iniciación para  traballar o coiro. Como o número de participantes aumentaba ano tras ano, xurdiu a necesidade de crear un Centro de Rehabilitación Integral. Deste xeito o 1 de setembro de 2000 o Concello de Cabana de Bergantiños cedeu a Íntegro uns terreos de 5.000 metros cadrados no lugar de A Pedra en Nantón, nos que se constrúe o Centro de Recursos, que abriu as súas portas en xuño de 2001. Neste Centro ubicáronse as oficinas e talleres para a Asociación. Desde 2010 está inscrito como Centro ocupacional e Centro de día, contando co Certificado de Calidade ISO 9001 desde marzo de 2011. Íntegro foi declarada de Utilidade Pública pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por unha Orde de 8 de novembro de 2010. A Bergantiñán do Ano, no Plan Estratéxico 2014/2017, determina os elementos que sinalan a razón de ser da entidade, o tipo de organización que quere, e os valores que ordenan a súa actividade. Así establece como Misión conseguir a inclusión e normalización das persoas con diversidade funcional. A súa Visión é aspirar a unha comunidade que aprecie a diversidade humana como valor fundamental, e na que as persoas con diversidade funcional participen dela e poidan elixir libremente como vivir as súas vidas en igualdade de oportunidades co resto da sociedade. E os Valores para Íntegro son o compromiso social, a igualdade, a defensa dos dereitos, a participación social, a transparencia, e a mellora continua. Recentemente, en concreto o pasado 4 de marzo, decidiu modificar o ámbito de actuación, pasando a denominarse “Asociación INTEGRO das persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte”. Nestes 25 anos Íntegro caracterizouse pola constancia, o esforzo, os ideais, a valentía, as crenzas, e os valores de moitos homes e mulleres de Bergantiños que apostaron e foron asentando as bases e levantando os piares necesarios para a creación dunha sociedade inclusiva. Como promotora e defensora dos altos valores de integración, sociais, e solidarios, recollendo o sentir popular desta comunidade, vimos en proclamala BERGANTIÑÁN DO ANO 2016

Currículum

Edicións nas que foi nominado:

Edición Categoría Galardóns Foto do acto de entrega Descargas Méritos
bergantiñán Pola súa labor de integración dos minusválidos da Comarca no mundo laboral.
bergantiñán galardoado Pola súa labor de integración en prol das persoas con movilidade reducida da Comarca no mundo laboral.
Video acto de entrega
  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz