Padrodado Fogar de Bergantiños

Candidatos

BUSCADOR: Por categoría:
Por nome:

Abella Chouciño, Xelucho

web: http://www.editorialgalaxia.es/autores/autor.php?id_autor=1

Nacido en Malpica en 1945, estudou Filosofía na Universidade Pontificia de Salamanca e na actualidade é profesor desa mesma disciplina nun instituto de Ponteceso. Ademais dalgúns traballos de contido filosófico aparecidos en revistas especializadas, Abella ten publicados varios relatos orientados referentemente ao público xuvenil. Este é o caso de A cidade maldita (1991), narración que se nutre de materiais tomados das lendas artúricas e da tradición fantástica. A literatura de Abella Chouciño caracterízase tematicamente pola súa aproximación ao medo e ao misterio a partir do cotián. En 1998 publicou o libro de relatos A ermida do diaño, dirixido tanto ao público xuvenil coma ao adulto.

Edicións nas que foi nominado:

Edición Categoría Galardóns Foto do acto de entrega Descargas Méritos
bergantiñán Natural de Malpica, é licenciado en teoloxía, filosofía e ciencias da educación. É escritor de literatura infantil e libros relacionados coa comarca, entre outros “Gundar e o cabalo de oito patas”, “A cidade maldida”, “Perdido”, “A ermida do diaño”. Recentemente publicou unha guía turística de Malpica.
  • Concello de Laracha
  • Concello de Cabana
  • Concello de Carballo
  • Concello de Coristanco
  • Concello de Laxe
  • Concello de Malpica
  • Concello de Ponteceso
  • Abertal Networks S.L.
Fundacion Luis Calvo Sanz